Como se fai esta guía
Unha guía de Galicia para quen come vegano e para quen come vexetariano: separamos os sitios 100 % vexetais dos que simplemente teñen boas opcións, e marcamos cada un coa súa cor.
Que significa o medidor de follas
- 100 % vegano100 % vegano. Todo o que serven é vexetal.
- 100 % vexetariano100 % vexetariano. Sen carne nin peixe; pode levar ovo ou lácteos.
- Carta vexetal amplaCarta vexetal ampla. Serven carne, pero boa parte da carta é vegana ou vexetariana.
- Boas opcións veganasBoas opcións veganas. Restaurante convencional con polo menos tres pratos veganos cos que facer unha comida, sexan principais ou racións.
- Algunha opción veganaAlgunha opción vegana. Teñen un ou dous pratos veganos, ou adaptan os seus se o pides. Convén preguntar antes.
O adaptable só conta para «boas opcións» se o local o confirma. Os sitios con «algunha opción» non se mostran por defecto, agás que busques o seu nome, actives ese filtro ou esteas nunha cidade onde non haxa nada mellor.
De onde saen os datos
A lista parte de directorios especializados, contrastados coa prensa local e as webs dos propios locais. As descricións son nosas. As notas, cando aparecen, son as de HappyCow: sobre 5 nos sitios 100 % veganos ou vexetarianos e sobre 4 nos demais. Se un dato non aparece na ficha é que aínda non o temos.
Non copiamos recensións doutras plataformas: cada ficha enlaza con Google Maps e HappyCow para lelas completas.
Autobús e aparcamento
As paradas e liñas próximas calcúlanse cos datos abertos GTFS de cada cidade que os publica, buscando paradas a menos de 400 metros en liña recta. Polo de agora a información de aparcamento só está na Coruña: é unha estimación por barrio que ten en conta a ORA, as rúas peonís e os aparcadoiros públicos.
Sitios que xa non están
Deixamos fóra locais que aparecen en guías antigas pero pecharon ou cambiaron de mans, como A Pastar, Utopía, Ruca Bocata, El Rincón de Alba, Taberna Gaia e A Factoría Verde na Coruña. Se algún reabre, avísanos.